BOLSAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA NO ESTRANXEIRO
GAS NATURAL FENOSA
2011
Desde o ano 1991 e bienalmente, Gas Natural Fenosa convoca as Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro, destinadas a potenciar e difundir a creatividade dos artistas plásticos e visuais nados ou residentes en Galicia.
Poderán solicitalas todos aqueles que non cumpran os 35 anos o 31 de decembro do ano da convocatoria e a súa goce terá unha duración máxima de 18 meses, sendo necesario acreditar un mínimo de 5 meses de residencia no estranxeiro durante ese período de tempo.
Cada unha das bolsas estará dotada con 16.000 euros, destinados a sufragar, en todo ou en parte, as viaxes, gastos de estancia, matrícula en centros docentes, materiais, traslado de obra, etc. Unha vez concluído o prazo estipulado, o beneficiario deberá presentar un memorandum do traballo realizado, con especificación de conclusións e resultados, que deberá ser aprobado polo xurado.
Prazo para presentar a documentación: do 01 de maio ao 15 de xuño de 2011
http://www.macuf.es/htdocs/becas_creacion.html
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa
Avda. de Arteixo 171
15007 A Coruña
www.macuf.com
Horario:
De 11:00 a 14:00 y de 17:00 a 21:30 h.
Domingos y festivos, de 11:00 a 14:00 h.
Lunes cerrado
Nessun commento:
Posta un commento